Copenhague, ¿primeiro cumio 2.0 da historia?

Se Barack Obama é o primeiro presidente 2.0 da historia polo seu dominio das novas tecnoloxías, este luns empeza en Copenhague o Cumio contra o cambio climático cun 50 por cento de participantes en Internet e redes sociais

dezcomunicacion | 06/12/2009Imprimir esta noticia Imprimir esta noticia

Preto de 15.000 delegados están rexistrados para participar no Cumio de Copenhague dende este luns ao 18 de decembro. O 50 por cento dos inscritos coinciden coas 191 delegacións oficiais dos países inscritos, e o resto son membros de ONG e outras entidades cunha forte presenza nas redes sociais, segundo John Hay, portavoz da UNFCCC.

Cen xefes de Estado e de Goberno confirmaron a súa presenza en Copenhague para negociar un acordo sobre a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro, para substituír o Protocolo de Quioto (1997), que expira en 2012. Entre eles está o presidente dos EE.UU., Barack Obama, os líderes dos 27 membros da UE, incluíndo o primeiro ministro británico, Gordon Brown, a  alemá Angela Merkel, o francés Nicolas Sarkozy, e o presidente español José Luis Rodríguez Zapatero; así como outros líderes  non europeos. Do resto do mundo xa confirmaron a súa participación, entre outros, o presidente brasileiro Lula da Silva, e os primeiros ministros de China e Australia.

As principais ONGs vencelladas ao medio ambiente teñen prevista unha gran exhibición en Copenhague, incluíndo a Greenpeace, cunha presenza de 350 voluntarios e activistas. Xa hai máis de 2.500 xornalistas e agárdase que participen uns 3.000 reporteiros tanto dentro como fóra do recinto da conferencia de Copenhague Bella Center.

O goberno dinamarqués tamén financiou unha conferencia alternativa paralela, chamada Klimaforum, que reúne a ONGs, grupos indíxenas, científicos, artistas e outros representantes da sociedade civil. O foro, con acceso libre, acolle máis de 150 debates programados, cincuenta exposicións , proxección de filmes e shows, e espera ter 10.000 visitas por día.

A capital dinamarquesa tamén acolle entre o 14 e o 17 de decembro un cumio do clima ao reunir aos alcaldes de máis de 75 cidades do mundo, incluindo Nova Iorque, Londres, Barcelona, Bos Aires, Río de Xaneiro, São Paulo, Berlín, Brasilia, Bogotá, Os Anxeles, Cidade de México e Toquio.


Categorizado: Actualidad, Fotografia, Sociedad
El arte de comunicar
La comunicación es la esencia de la vida, el código que rige las relaciones entre los seres humanos. De su correcta o incorrecta utilización depende el éxito o el fracaso de cada una de nuestras actuaciones, desde las más nimias a las más trascendentes, ya sea en el ámbito personal y privado o en el profesional.
EDITORIAL

Dez comunicación - Consejo de dirección
Calidad, talento y soluciones
DEZ COMUNICACIÓN está integrado por un equipo de profesionales de la información cuya trayectoria abarca más de veinte medios de comunicación radicados en Galicia y en el resto de España. Nuestro conocimiento se extiende desde las agencias de noticias hasta la prensa diaria, la radio, la televisión, pasando por gabinetes de comunicación, las relaciones públicas y el ámbito de la imagen corporativa.
DIRECCIÓN