Os Goyas 2010 falaron galego con Tosar e ‘Celda 211′

A produtora Emna Lustres, encargada de recoller o galardón á mellor película, e Luis Tosar, premiado co Goya ao Mellor Actor, puxeron o acento galego nunha gala marcada polo éxito de ‘Celda 211’.

dezcomunicacion | 22/01/2010Imprimir esta noticia Imprimir esta noticia

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=JyXT-kL4vu0[/youtube]‘Celda 211’ foi a gran triunfadora dos Goya 2010 con oito premios. Ademais do Goya a mellor actor protagonista (Luis Tosar) e mellor director (Daniel Monzón), ‘Celda 211′ gañou o Goya á mellor película; á actriz de reparto, Marta Etura, e ao actor revelación, Alberto Amman. ‘Ágora’ recolleu sete premios e foi a aparición de Pedro Almodóvar, un dos momentos máis aplaudidos da gala.

Porén, un dos instantes máis vibrantes da noite, foi cando Javier Bardém, gañador dun Óscar en 2008, entregou a un emocionado Luis Tósar, o galardón ao mellor actor protagonista. O actor lucense dedicou o Goya ao novelista Francisco Pérez, a todo o equipo da película e a Malamadre, o gran responsable da súa actuación. Ademais en galego dirixiuse á súa familia e a todos os seus amigos “que desde o Atlántico están facendo unha festa paralela a esta”. Así concluía, entre aplausos, a intervención dun dos actores con máis talento do panorama nacional.

Pero nunha noite con tantos premios e glamour, aínda habería máis tempo para o galego na gala. Emma Lustres, a produtora de Vaca Filmes, responsable do claustrofóbico e carcerario filme que protagoniza Malamadre, tamén utilizou a súa lingua para expresar, visiblemente emocionada, o seu agradecemento polo éxito colleitado pola película, asegurando que “esta noite é moi especial para Galicia, sobre todo para os que fan cine desde alí”.

Categorizado: Fotografia, Sociedad, Video
Archivado en: ,
El arte de comunicar
La comunicación es la esencia de la vida, el código que rige las relaciones entre los seres humanos. De su correcta o incorrecta utilización depende el éxito o el fracaso de cada una de nuestras actuaciones, desde las más nimias a las más trascendentes, ya sea en el ámbito personal y privado o en el profesional.
EDITORIAL

Dez comunicación - Consejo de dirección
Calidad, talento y soluciones
DEZ COMUNICACIÓN está integrado por un equipo de profesionales de la información cuya trayectoria abarca más de veinte medios de comunicación radicados en Galicia y en el resto de España. Nuestro conocimiento se extiende desde las agencias de noticias hasta la prensa diaria, la radio, la televisión, pasando por gabinetes de comunicación, las relaciones públicas y el ámbito de la imagen corporativa.
DIRECCIÓN