O Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, anunciou este xoves na Universidade de A Coruña que o Goberno galego regulará as axudas aos medios de comunicación atendendo a criterios que non distorsionen o mercado. “Queremos que prime a obxectividade e a competencia sa”, explicou antes de sinalar que os principais beneficiados destas axudas serán “as cabeceiras históricas”. “Os medios galegos non poden perder a esencia da súa galeguidade”, apuntou.
Por outra banda, Alfonso Cabaleiro anunciou que a inserción de publicidade do Goberno autonómico nos medios de comunicación será regulada por unha oficiña que terá en conta “a galeguidade das empresas”.
O Secretario Xeral de Medios da Xunta tamén explicou que o ente autonómico promoverá seis leis entre as que figura, ademáis da que se refire á publicidade institucional, unha nova lei do Audiovisual e outra de reforma da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG).
Cabaleiro, ademáis, afirmou que a Xunta promoverá campañas de alfabetización dixital e un estudo sobre blogs e redes sociais. Asimesmo, anunciou que en abril, toda Galicia estará xa cuberta pola TDT. O proceso faráse en duas fases. Na primeira, procederase a implantar a TDT en A Coruña e Ourense. Na segunda, no resto da comunidade.
