Etiqueta | "Xunta"

Etiquetas: , ,

A Xunta vai apostar pola comunicación 2.0

dezcomunicacion | 10/12/2009

“O Goberno galego dálle máxima importancia e prioridade ás novas tecnoloxías”, afirma o secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, con motivo da celebración do primeiro ano en papel de Xornal de Galicia e do décimo aniversario de Xornal.com. “Por primeira vez estamos contando con estes medios á hora de facer as insercións publicitarias”, dixo Cabaleiro en resposta á pregunta de Xaime Calviño, que acodiu como invitado ao Café de Redacción de Xornal en representación de Dez Comunicación.

O máximo responsable autonómico no eido da comunicación debullou o novo panorama audiovisual galego coa implantación da TDT. “En tres ou catro meses os galegos verán 25 ou 30 canles, que é un cambio absoluto”, dixo. Tamén é partidario de manter unha televisión pública -TVG- con publicidade porque considera que a canle autonómica é a saída natural de moitas empresas do país, ademáis dunha necesidade para promove-la lingua galega no mercado. O uso do galego é, precisamente, un dos baremos que quere empregar para unhas axudas á prensa escrita “que deben pasar polo DOG e ser todas transparentes”.

Cabaleiro abondou nas futuras reformas das leis da CRTVG e o Audiovisual. “Ademais, tamén queremos levar a Lei de Publicidade Institucional ao Parlamento”, salientou. O panorama complétase coa concesión de 77 emisoras de FM. “Non chegarán as novas frecuencias para legalizar todas as emisoras ilegais”, engadiu. Tamén lembrou que as licencias de televisións dixitais locais e autonómicas teñen un ano de prazo.

Etiquetas: , ,

A Xunta regularizará as axudas á prensa

dezcomunicacion | 12/11/2009

O Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, anunciou este xoves na Universidade de A Coruña que o Goberno galego regulará as axudas aos medios de comunicación atendendo a criterios que non distorsionen o mercado. “Queremos que prime a obxectividade e a competencia sa”, explicou antes de sinalar que os principais beneficiados destas axudas serán “as cabeceiras históricas”. “Os medios galegos non poden perder a esencia da súa galeguidade”, apuntou.

Por outra banda, Alfonso Cabaleiro anunciou que a inserción de publicidade do Goberno autonómico nos medios de comunicación será regulada por unha oficiña que terá en conta “a galeguidade das empresas”.

O Secretario Xeral de Medios da Xunta tamén explicou que o ente autonómico promoverá seis leis entre as que figura, ademáis da que se refire á publicidade institucional, unha nova lei do Audiovisual e outra de reforma da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG).

Cabaleiro, ademáis, afirmou que a Xunta promoverá campañas de alfabetización dixital e un estudo sobre blogs e redes sociais. Asimesmo, anunciou que en abril, toda Galicia estará xa cuberta pola TDT. O proceso faráse en duas fases. Na primeira, procederase a implantar a TDT en A Coruña e Ourense. Na segunda, no resto da comunidade.

El arte de comunicar
La comunicación es la esencia de la vida, el código que rige las relaciones entre los seres humanos. De su correcta o incorrecta utilización depende el éxito o el fracaso de cada una de nuestras actuaciones, desde las más nimias a las más trascendentes, ya sea en el ámbito personal y privado o en el profesional.
EDITORIAL

Dez comunicación - Consejo de dirección
Calidad, talento y soluciones
DEZ COMUNICACIÓN está integrado por un equipo de profesionales de la información cuya trayectoria abarca más de veinte medios de comunicación radicados en Galicia y en el resto de España. Nuestro conocimiento se extiende desde las agencias de noticias hasta la prensa diaria, la radio, la televisión, pasando por gabinetes de comunicación, las relaciones públicas y el ámbito de la imagen corporativa.
DIRECCIÓN